- INFORMACIÓN EN MATERIA DE PROTECCIÓN DE DATOS.
A través desta política de privacidade Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro (en diante “C.R.D.O. RIBEIRO”) infórmao do tratamento que realiza dos seus datos de carácter persoal de conformidade co REGULAMENTO (UE) 2016/679 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos [RGPD]) e demais lexislación aplicable.
- RESPONSABLE DO TRATAMENTO.
O responsable do tratamento de datos é o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro con CIF Q-8255201-I e enderezo en R / Salgado Moscoso, 11, 32400 Ribadavia (Orense), España. Pode contactar connosco por correo electrónico protecciondatos@ribeiro.wine ou por teléfono (+34) 988 477 200.
- FINALIDADES DO TRATAMENTO DOS SEUS DATOS.
O C.R.D.O. RIBEIRO recolle a súa información persoal co fin de resolver calquera consulta, queixa ou suxestión que recibamos a través deste sitio web. Así mesmo, pode solicitar a súa alta para a recepción do noso Boletín en cuxo caso a finalidade será a do envío de ditas comunicacións ao enderezo que nos achegue.
Vostede poderá optar por outorgar ou non o seu consentimento ao tratamento de datos para estas finalidades comerciais e alternativas, marcando a caixa que ten á súa disposición na nosa páxina web: Política de Cookies.
En todo caso, informámoslle de que pode retirar o seu consentimento en calquera momento posterior á súa aceptación.
- LEXITIMACIÓN.
As bases legais que lexitiman o tratamento dos seus datos persoais son o consentimento informado que nos outorga de forma expresa, libre e inequívoca ao aceptar esta Política de privacidade ao enviarnos o formulario de contacto ou solicitar o envío do correspondente boletín.
- DATOS E CONSERVACIÓN.
Os datos que solicitamos son adecuados, relevantes e estritamente necesarios para levar a cabo os fins descritos.
Debe ter certeza da autenticidade, exactitude e veracidade de toda a información que nos facilite, comprometéndose a manter os datos actualizados para que respondan, en todo momento, á súa situación real. Será, así mesmo, o único responsable por nos achegar afirmacións falsas ou inexactas e dos danos que poidan causar tanto ao C.R.D.O. RIBEIRO como a terceiros.
Vostede ten dereito a retirar o consentimento concedido e modificar os datos cando estes teñan mudado, en calquera momento, enviando un correo electrónico ao enderezo protecciondatos@ribeiro.wine xuntando en anexo unha copia do seu D.N.I.
Manteremos os seus datos durante o tempo mínimo necesario para resolver a súa dúbida, queixa ou reclamación ou sempre que non exerza o seu dereito a eliminar, cancelar e/ou limitar o tratamento de datos.
Rematado o devandito prazo, o C.R.D.O. RIBEIRO eliminará, destruirá, bloqueará ou pseudonimizará os seus datos persoais. En caso de bloqueo, a súa información manterase sempre sen darlle ningún uso nin realizar ningún tratamento mentres que esta información poida ser necesaria para o exercicio de reclamacións ou algún tipo de responsabilidade xudicial, legal ou contractual do seu tratamento que deba ser atendida e para cuxa razón cumpra proceder á súa recuperación.
- DESTINATARIOS DOS SEUS DATOS.
O C.R.D.O. RIBEIRO só compartirá os datos necesarios para a prestación de servizos con estes terceiros: provedores de servizos tecnolóxicos, provedores de atención ao cliente, quen estiver ao día en cumprimento das súas obrigas legais en materia de protección de datos.
- USO DE COOKIES
Máis información en Política de Cookies.
- CALES SON OS SEUS DEREITOS COMO INTERESADO.
Ten os seguintes dereitos que se poden exercer a través do enderezo de correo electrónico protecciondatos@ribeiro.wine:
Dereito de acceso | Ten dereito a obter confirmación sobre se estamos a tratar os seus datos persoais así como a acceder aos datos persoais que conservamos sobre vostede. |
Dereito de rectificación | Ten dereito a solicitar que os seus datos persoais sexan rectificados cando foren inexactos ou que se completen cando estean incompletos. |
Dereito de cancelación (dereito ao esquecemento) | Pode solicitar que se eliminen os seus datos persoais cando, entre outros motivos, os datos deixen de ser necesarios para os fins para os que foron recollidos. |
Dereito de limitación | Ten dereito a solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso só se conservarán para o exercicio ou defensa de reclamacións. |
Dereito de portabilidade | Ten dereito a recibir datos persoais nun formato estruturado, de uso común e de lectura automática, e a transmitilo a outro responsable cando o tratamento estea baseado no consentimento ou nun contrato, e se realice por medios automatizados. |
Dereito de oposición | Pode oporse a que os seus datos persoais sexan procesados, incluído a elaboración de perfís. En tal caso, deixaremos de procesar os seus datos, excepto por motivos lexítimos imperativos ou polo exercicio ou defensa de posibles reclamacións. |
Decisións individuais automatizadas | Ten dereito a non se someter a ningún tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos sobre vostede ou o afecte significativamente de modo semellante. |
Dereito a presentar unha reclamación | Ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos. |
- EXERCICIO DOS SEUS DEREITOS COMO INTERESADO.
O C.R.D.O. RIBEIRO informa sobre os dereitos que o asisten como interesado, que vostede dispón de pleno control sobre todos os datos que nos achega, deste xeito C.R.D.O. RIBEIRO asegura que a información que proporciona é verdadeira, actualizada e precisa.
Pode exercitar os seus dereitos, sen custo algún, de acceso, rectificación ou supresión, limitación ao tratamento, cancelación ou oposición, así como o seu dereito á portabilidade, a través do correo electrónico enviado ao enderezo de correo electrónico protecciondatos@ribeiro.wine, o envío dunha copia dixitalizada do DNI do solicitante.
Así mesmo, terá dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, ben a través da sede electrónica do seu portal web (www.agpd.es), ou escribindo ao seu enderezo postal (c / Jorge Juan , 6, 28001 – Madrid).
- A PROTECCIÓN DA SÚA INFORMACIÓN: MEDIDAS DE SEGURIDADE.
O C.R.D.O. RIBEIRO comprométese a ofrecer un nivel óptimo de seguridade, ademais de protexer a súa seguridade, confidencialidade e privacidade dos seus datos persoais.
O C.R.D.O. RIBEIRO comprométese a protexer a súa información persoal. Co obxectivo de protexer a seguridade dos seus datos persoais, informámolo de que foron tomadas todas as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos persoais facilitados -entre outras-:
1) A capacidade de garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e permanencia dos sistemas e servizos de tratamento.
2) A capacidade de restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais con rapidez, en caso de incidente físico ou técnico.
3) Un proceso de verificación, avaliación e valoración periódicas da eficacia das medidas técnicas e organizativas para garantir a seguridade do tratamento.
- ACTUALIZACIÓN DESTA POLÍTICA DE PRIVACIDADE.
O C.R.D.O. RIBEIRO resérvase o dereito de revisar e actualizar esta Política de privacidade en calquera momento. Sempre que sexa legalmente necesario procederemos a renovar o seu consentimento, para que confirme que está de acordo e preste o seu consentimento cos cambios ou actualizacións realizadas.
A información desta Política de privacidade actualizouse o 14 de xaneiro de 2020.
- CONTACTO CO C.R.D.O. RIBEIRO.
Pode contactar con C.R.D.O. RIBEIRO para calquera dúbida que sexa do seu interese en relación con esta Política de Privacidade ou por calquera razón, a través do noso servizo de atención ao cliente, ou pode enviar un e-mail ao enderezo de correo electrónico protecciondatos@ribeiro.wine