A Treixadura
A uva Treixadura é a variedade que reina na Denominación de Orixe Ribeiro, en Ourense.
Os viños que produce esta variedade de uva branca son aromáticos, frescos e elegantes.
Na D.O. Ribeiro pódense encontrar espectaculares monovarietais de Treixadura e tamén predominando en combinacións con outras variedades autóctonas.
Quen os saborea destaca que en nariz garanten aromas de froita e florais, con notas balsámicas. En boca resultan frescos, equilibrados, con volume e saborosos. Un sabor que nos mergulla por completo na natureza que os viu nacer.
#TreixaduraRibeiro
A uva Treixadura encontra nos viños da D.O. Ribeiro a súa máxima expresión.
A Denominación de Orixe Ribeiro é a máis antiga de Galicia e representa á perfección a súa esencia única, polo seu territorio, paisaxe e o seu factor humano. Aposta con determinación por uvas locais e por fusionar tradición e vangarda na procura da calidade máis alta nos seus produtos.